open source web page maker

TECXIA.

Solucións integrais para o aforro e a eficiencia enerxética.

O SEGUINTE NIVEL EN AFORRO E CONTROL ENERXÉTICO.

Cos servizos e solucións de TECXIA, goce de melloras incribles no consumo e eficiencia das instalacións enerxéticas. Mellore a calidade de vida dos veciños e clientes e outórguelle confort e seguridade á súa localidade ou empresa.

Benefíciese ademáis do pioneiro sistema de monitoraxe online do estado do alumeado e custes xerados, todo nunha aplicación interactiva e intuitiva.

INNOVACIÓN E TECNOLOXÍA PARA AFORROS INCRIBLES.

AUDITORÍAS ENERXÉTICAS INTEGRAIS

Coñeza, monitore e xestione as instalacións enerxéticas.
  • 1. Un proxecto integral

    A información máis completa. Cada cadro e luminaria do concello son analizados individualmente para xerar datos de consumo, características técnicas e propostas de actuación.

  • 2. Auditoría online

    Acceda a toda a información a través dunha aplicación interactiva que lle permitirá visualizar datos, calcular investimentos e amortizacións e ter unha monitoraxe dos consumos.

  • 3. Tecnoloxía de primeiro nivel

    As instalacións propostas para os plans de actuación son referentes no sector, cunha calidade e durabilidade garantidas que reforzarán os seus proxectos de investimento.

O QUE OS NOSOS CLIENTES DIN DE NÓS

"O noso Concello tiña un gasto en alumeado público superior aos 300.000€ . Coa implantación da tecnoloxía e plan de melloras deseñado por TECXIA, agora o gasto reduciuse a 170.000€. Un aforro que nos permite destinar máis cartos ao resto de partidas presupostarias."

“A aplicación de TECXIA eNergy Audit permitiunos acceder aos datos de facturación e consumo do alumeado e editalos en calquera momento e lugar. A flexibilidade deste sistema permítenos un control total das instalacións do Concello.”

“A mellora na calidade do alumeado do municipio foi absoluta. As luminarias instaladas déronlle vida ás rúas, o que repercute na mellora da seguridade dos veciños e nun ambiente comecial máis agradable.”

CONTACTE CONNOSCO

Se desexa información sobre cómo podemos axudalo a aforrar e xestionar as súas instalacións enerxéticas, escríbanos unha mensaxe no seguinte formulario.

ESCRÍBANOS

Oficina técnica de TECXIA.

COMPARTA TECXIA!